Skip to Content

Plan Proxecta +

A Milla Semanal

O alumnado de 1º realizando a Milla Semanal. Como corren!!!

 

 

 

 

II Concurso de Just Dance

Durante este mes, nos recreos dos venres, participamos no II Concurso de Just Dance celebrado no noso cole. Pasámolo xenial e bailamos un montón!!

Noraboa a todas e todos os participantes por facelo tan ben

.  

  

Aquí podedes ver a clasificación final das dúas categorías (de 1º a 3º e de 4º a 6º)

    

Estes son os premios para os gañadores e ademais un diploma de participación para cada neno e nena e unha mención especial para a clase "máis bailonga".

Semana branca 2022

Despois dunha semana moi intensa, onte foi o momento de despedirse de Leitariegos. Foron 5 días cheos de aprendizaxe, emoción, deporte, compañeirismo, diversión e moita neve. Grazas a Ayuko Aventura por facilitarnos a planificación da viaxe, á escola de esquí Leitariegos polas clases e, especialmente ao noso monitor Martín P. por despertarnos con alegría, axudarnos a esquiar e amosarnos contos tan especiais.

Como define o alumnado de 5º e 6º de Primaria esta experiencia en 2 palabras?

Antón (6º): "Diversión e empatía."

Gaia (5º): "Diversión e aventura."

Lucía (6º): "Divertida e emocionante."

Sara (6º): "Alegría e diversión."

Lucía (5º): "Alegre e divertida."

Hugo (6º): "Divertida e emocionante."

Teo (6º): "Entretida e guai."

Candela (6º): "Emocionante e diferente."

Marcelo (5º): "Esquí e emoción."

Adrián (6º): "Precioso e nevado."

Celia (6º): "Diferente e emocionante."

Mateo (5º): "Felicidade e emoción."

Divane (6º): "Entretida e guai."

Patricia (6º): "Incrible e marabillosa."

María (6º): "Incrible e divertida."

Clara (5º): "Diferente e incrible."

Lara (6º): "Divertida."

Marcos (5º): "Chula e xenial."

Niki (5º): "Divertida."

Bruno (5º): "Moi divertida."

Jairo (6º): "Control e diversión."

Álex (5º): "Divertida e cansada."   

Dani (5º): "Guai e impactante."

Formación Recíclate con Sogama 6º de Primaria

O alumnado de 6º de Primaria aprendeu moitas cousiñas sobre as tres RRR grazas a Sogama. Neste mes de xaneiro, achegáronse ao noso centro formadoras de Sogama para impartir unha charla ás maiores do cole. Agora, eles e elas deben formar ao resto do alumnado do centro a través dun pequeno proxecto que están a elaborar xunto coa súa titora.

Patios activos 2021/22

Esta semana puxemos en marcha os patios activos, proposta que está dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (Plan Proxecta+). As nenas e nenos do CEIP de Cervo poden gozar, no seu tempo de lecer, de:

  • Xogos tradicionais como a corda, a goma ou os bolos.
  • Xogos alternativos como o slackline, o spikeball ou os diabolos.
  • Outros deportes como o pimpón, o bádminton ou o tiro con arco.

Polas súas caras de felicidade, podemos dicir que os xogos están sendo todo un éxito!

Descansos activos

Descansos activos 2021/22

A nosa mestra de Educación Física Cris, coa axuda de Brinco, elaborou un calendario con actividades para os descansos activos. Cada día, todos os cursos, dedicarán 10 minutos entre a 1ª e 2ª sesión a mover o esqueleto!

Deixámosvos a continuación os enlaces aos calendarios:

Distribuir contido


by Dr. Radut