Skip to Content

Patios activos 2021/22

Esta semana puxemos en marcha os patios activos, proposta que está dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (Plan Proxecta+). As nenas e nenos do CEIP de Cervo poden gozar, no seu tempo de lecer, de:

  • Xogos tradicionais como a corda, a goma ou os bolos.
  • Xogos alternativos como o slackline, o spikeball ou os diabolos.
  • Outros deportes como o pimpón, o bádminton ou o tiro con arco.

Polas súas caras de felicidade, podemos dicir que os xogos están sendo todo un éxito!



page | by Dr. Radut