Boas a todas e todos!
Que tal a volta das vacacións? Descansáchedes? Tedes as baterías cargadas? Agardo que si porque comezamos un novo período bimensual chamado PAZ, AMOR E ROCKSALÍA e teño moitas novas que darvos. Para facervos unha idea, a continuación amósovos un InfoPuca.
Ioga, Paz Interior, Mindfulness... Coñecedes estas palabras? Algunhas seguro que si porque xa practicáchedes ioga con Brinco pero... Sabedes os seus beneficios? Para descubrir as segredos que gardan todos estes termos, invítovos a pasar polo punto lector e polos andeis de Meses Temáticos xa que atoparedes moito material para comezar a investigar. Así, de paso, tamén vedes as novidades lectoras que chegaron a Bibliocervo.
Tamén podedes empregar os ordenadores ou as PDI para dar resposta a todas as preguntas que vos xurdan sobre este tema. Para iso, premede enriba destas ligazóns:
Día da Paz: Por que celebramos o 30 de Xaneiro?
Mapa de Paz Mental para temibles trols infelices
Actividade: a escola como lugar de paz
O valor de todas as persoas: "A historia de punto"
Uso excesivo das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación)
Rosa Parks: a loita contra o racismo
Guía de recursos: a salvo na escola
Recursos para educar na tolerancia
Como podemos manexar a ansiedade e o estrés?
Vídeo "Tranquilo e atento como unha ra"
Como vedes, o obxectivo deste mes é investigar e intentar atopar a nosa PAZ INTERIOR, xa que desta maneira, tamén lograremos estar en paz coas persoas que nos rodean e co noso medio. E para celebralo, o día 28 de xaneiro, levaremos a cabo un obradoiro de Ioga onde aplicaremos todo o aprendido ao longo do mes e onde unha experta na materia nos dará algún consello para levar a cabo esta práctica.
Que vos parece? Estades preparadas e preparados? Pois comezamos o 2022 cheas e cheos de enerxía e moita paz.
Bicos e apertas (con distancia) a moreas.