Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
2º Educación primaria
A BOLBORETA DA AMIZADE
Venres 10 de febreiro do 2017.
Hoxe na clase de plástica os nenos e nenas de segundo fixemos
“A bolboreta da amizade”.
Cada un decorou a súa , despois as profes metéronnas nunha bolsa e collimos unha para cada un… Todos adiviñamos de quen era a que nos tocou.
Tiñámola que levar para casa con moito coidado pois a bolboreta da amizade non se podía desfacer.
CHARLA FAMILIAR
O venres tivo o alumnado de 2º de E.P. unha visita moi familiar. A nai dunha nena veu darnos unha charla sobre os ósos , os músculos e as articulacións, tema que estamos traballando en ciencias da Natureza.
Aprendimos a sentarnos … porque tiñamos un fío que tiraba da nosa cabeza hacia arriba.
Tamén a lembrar cal é o radio … e para iso poñíamos a antena, lembrades?
Pasámolo moi ben e foi unha charla moi enriquecedora.
Grazas Maite!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9