Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

De CORES coas tías de Enma

Hoxe Elisa e Marta,as tías da nosa Enma,viñeron contar un conto.O mellor foi o final cando o rosa e o azul mestúranse...e estar con elas, claro.Ademáis nos deixaron o conto e asinaron no libro de visita.GRAZAS E VOLVEDE PRONTO!!!


EXPERIENCIAS E MÁIS EXPERIENCIAS...CON MILLO

Aprendendo a medir,trasvasar,amorear,separar....e sobre todo remexer.


CHEGARON OS VERMES!!!

A ver!!! A ver!!! A ver!!!


FARAONAS E FARAÓNS

Saíndo de Exipto as faraonas e faraóns "posan" con Tutankamon e fan o que mellor se lles da: xogar!!!

INAUGURACIÓN "AS NOSAS MULLERES"

Inauguramos na Casa da Cultura a exposición dos nosos traballos en cerámica sobre mulleres.Alí estaba o alcalde,o concelleiro,a directora do museo,a escultora Carme Romero....e as nosas familias.Que ben nos quedou!!!

Aaaaah!!E támén fumos en bus!!!

APRENDENDO ÁRABE

Como "estamos" en Exipto, hoxe convidamos a Melouka, a mamá de Sihaib,Hosam e Rihab a falarnos en árabe. Ensinounos como se escribe e contounos os 7 cabritiños.Impresionante!!!. Grazas MELOUKA!!!


EXIPTO

Chegando a Exipto familiarizámonos có Sahara,o Nilo ,as pirámides,as cobras,os camelos.A nosa mesa de experiencias convertida no deserto!!!

CONTACONTOS ARBÓREOS

Na Día da Árbore tamén tivemos contacontos ,árbores,bosques,plantas,ríos e sobre todo aprendimos que hai que coidar da natureza e NON TIRAR LIXO!!!

CARME ROMERO:ESCULTURAS E LENDAS

Visitamos a exposición de Carme Romero sobre meigas,sabias e mulleres boas.Foi marabilloso escoitar as lendas e aprender como se fan as esculturas .Ademáis agasallounos cun catálogo dedicado!!!Grazas Carme Romero!!!

Distribuir contido