Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Estacións de aprendizaxe en Lingua Castelá en 5º e 6º
Hoxe o alumnado de terceiro ciclo de primaria estivo traballando en estacións de aprendizaxe na materia de Lingua Castelá. Ademais, os rapaces e rapazas estiveron en grupos mesturados de 5º e 6º, para axudarlles a coñecerse mellor e favorecer a cohesión entre as dúas clases.
As titoras de 5º e 6º organizamos cinco estacións de aprendizaxe: retos para buscar no dicionario, escritura creativa con dados de contar historias, dictados de palabras, pasapalabra de vocabulario do outono e elaboración dun flipbook sobre as regras de acentuación. Os grupos de alumnado tiñan dez minutos para estar en cada estación e, ao rematar o tempo, cambiaban á seguinte estación, completando, deste xeito, todas as actividades propostas.
A experiencia resultou moi enriquecedora e as nenas e nenos esforzáronse e traballaron moi ben en equipo.