Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

COIDAMOS AS PLANTAS

O coidado das plantas é unha actividade importante  da Vida Práctica,aprenden valores como o respecto e amor pola natureza,a reponsabilidade do coidado dun ser vivo e coñecementos máis concretos como o nome das plantas e as súas partes.

Tamén traballamos as cores das plantas coa Caixa de cor número 3 de Montessori que dende que se abre quedan cautivadas e cautivados pola súa beleza.Ten nove cores con sete gradacións e estimula a área sensorial.Buscan e comparan as tonalidades ata aproximarse a cor da planta.

 

Resulta moi positivo que utilicen o sentido do tacto para tocar as flores,a terra,as follas,os pétalos  para aprender o vocabulario.Síntense protagonistas cada día cando teñen que regalas ou quitar unha folla se está mal.SENSIBILIDADE COA NATUREZA!