Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Unha veterinaria especial.

A nosa veterinaria particular Sorriso


O venres rematamos o trimestre dun xeito moi especial; tivemos a visita da nai de Enma, Lorena, que é veterinaria. Como nestes meses estivemos traballando sobre animais, ela veu falarnos de cousas moi interesantes sobre eles, que descoñecíamos.

Descubrimos que na Clínica onde traballa Lorena en Narón, o "can crestado chino", é o can que soe visitar á veterinaria máis raro da súa especie. Tamén recibiu 2 víboras que atoparan nunha casa de campo, despois de estar pechada unha tempada. Incríble!!!

Lorena contounos como temos que actuar se atopamos un animal perdido: debemos chamar á Policía Local, Protección Civil ou 112; eles saberán que facer co animaliño, e o levarán a un refuxio de animais ou a unha protectora onde os atenderán.

A clínica veterinaria Catro Patas, onde traballa Lorena, colabora coa protectora "Terracan", que  dispón de animais para adoptar, sen mercar. Así que antes de mercar un animaliño lembrade que hai moitas protectoras e refuxios onde hai animais abandoados que podemos levar para as nosas casas.

Sabiades que....

  • os peixes ou as tartarugas medran en función do espazo que teñan para vivir? Se dispoñen dun habitáculo grande mderan mais.
  • é moi importante que os animais estean vacinados para que non teñan enfermidades e que non poidan transmitilas?? Por exemplo, o can pode transmitirlle aos humáns a rabia se ten a enfermidade; se non a ten, el non pode contaxiarte.
  • se un can lle da rápido á cola quere dicir que está contento?
  • se un gato pon as "orellas de aviador" quere cicir que está enfadado?

O traballo de veterinaria pareceunos moi interesante, e  Lorena díxonos que a ela encantáballe, e iso nótase.

Canto nos gustou estar contigo e compartir todas as túas experiencias !!!

E, sobre todo, temos que lembrar que " os animais non son xoguetes ".

 

GRAZAS LORENA, ESPERAMOS QUE VOLVAS CANDO QUEIRAS!!