Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

PARABÉNS XUNE!

Celebramos o aniversario de Xune,que cumpríu 3 anos,seguindo o ritual Montessori ,para celebrala súa  vida  e o paso dos anos.Dámoslle os parabéns polo seu aniversario e polas tres voltas que xa ten dado ao sol.Esta celebración dalle aos peques seguridade á vez que toman conciencia do lugar que ocupan no entorno no que viven,axudándolles a recoñecer o paso do tempo e a entender cómo creceron e cambiaron dende que naceron.

Poñemos un  mantel a modo de sistema solar,no centro un sol cunha vela acesa cos meses do ano e o globo terráqueo nas  máns  de Xune para facelo xirar ao mesmo tempo que  xira arredor do sol.Completámolo colocando as fotos de recén,dun e de dous anos para ver coma creceu cada ano e así contar a historia da súa vida.

Finalizamos co tradicional tirón de orellas que quixo que a Rayant para que lle tirara,os nosos Aspitos e o cadro artístico realizado polo protagonista co trazo horizontal,vertical e moitas pupilas en cores de nadal.

Bicos Xune, por eses tres anos que acabas de cumprir!é dos máis peques xunto con Tiago e Manuela que faltan por cumprir,son os pequerrechos da clase con dous anos todavía.