Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
PARABÉNS LUCÍA!
Celebramos o aniversario de Lucía que cumpríu 3 anos,seguindo o ritual Montessori ,para celebrala súa vida e o paso dos anos.Dámoslle os parabéns polo seu aniversario e polas tres voltas que xa ten dado ao sol.Esta celebración dalle aos peques seguridade á vez que toman conciencia do lugar que ocupan no entorno no que viven,axudándolles a recoñecer o paso do tempo e a entender cómo creceron e cambiaron dende que naceron.
Poñemos un mantel a modo de sistema solar,no centro un sol cunha vela acesa cos meses do ano e o globo terráqueo nas máns de Lucía para facelo xirar ao mesmo tempo que xira arredor do sol.Completámolo colocando as fotos de recén,dun e de dous anos para ver coma creceu cada ano e así contar a historia da súa vida.
Finalizamos cos nosos Aspitos e un cadro artístico realizado pola protagonista co trazo horizontal,vertical e moitas pupilas.
Bicos Lucía, por eses tres anos que acabas de cumprir!