Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

MALETA PROTAGONISTA:COÑECÉNDONOS V

A derradeira maleta foi a de  Manuela,chegou cargadiña con ela e disque pesaba moito.Estabamos desexando abrila,cando despois do recreo,Manuela dispúxose a abrila e sacou dela o conto de Kalandraka "LÚA" e por suposto xa o cantamos. Algo moi interesante saíu despois " A señorita Pepis",unha cabeza de boneca para peinar,poñer chichos e ranitas acompañada dunha pandeireta para tocar e bailar.Cantamos e bailamos porque é algo que nos gusta a todo o alumnado da aula  e agora xa nos coñecemos moito mellor.