Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

MALETA PROTAGONISTA:COÑECÉNDONOS IV

Esta semana foi moi curtiña e tan só trouxeron a maleta Celia Pérez e Mario Cabadas.A vindeira semana será a derradeira e a gran protagonista será Manuela,que xa nos adiantou algo do que vai traer,non poido aguantar a emoción.

Celia entrou moi orgullosa tirando da maleta e levamos unha gran sorpresa ao ver ese conto tan fantastico e alucinante como foi" El libro inquieto".Tan pronto como o sacou da maleta quixeron leelo e mantívonos con moita actividade pis hai moito que facer nel como sacudir,xirar,.... e xa despois presentounos aos seu peluches, Uni e Dino.

Mario agasallounos coa lectura dun conto moi fermoso,podedes escoitalo e namorarvos!"Non fai falta a voz",pois o contacto físico como mostra de afecto é suficiente para os pequenos e as pequenas.Tamén amosou un coxín súper suave feito pola súa avoa ao que lle ten gran apego e como non dous contos máis "Cocorico" e " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".

Sen dúbida cada maleta,coñecémos máis.