Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

PARABÉNS GALA!

Celebramos o aniversario de Gala que cumpríu 3 anos,seguindo o ritual Montessori ,para celebrala súa  vida  e o paso dos anos.Esta celebración dalle aos peques seguridade á vez que toman conciencia do lugar que ocupan no entorno no que viven,axudándolles a recoñecer o paso do tempo e a entender cómo creceron e cambiaron dende que naceron.

Poñemos un  mantel a modo de sistema solar,no centro un sol cunha vela acesa cos meses do ano e o globo terráqueo nas  máns  de Gala para facelo xirar ao mesmo tempo que  xira arredor do sol.E xa de derradeiro ,colocamos as fotos  de Gala de recén,dun  e de dous anos para ver coma creceu cada ano.

Hoxe houbo gran asombro por ser a primeira celebración,non perderon nin un detalle do ritual,finalizando cos nosos Aspitos e un cadro artístico realizado pola protagonista co trazo horizontal e vertical.

Biquiños e parabéns Gala.