Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

MAR DE PALABRAS 5 DE MAIO

Hoxe a  mar de palabras veu Natalia, Silvia, Julia e Raquel que veu acompañada por Iris que xa ten moitas ganas de vir ao cole a xogar con todos/as.

 

Natalia foi a encargada do xogo do timbre, onde sacaba unha tarxeta e tiñan que dicir todo o vocabulario que correspondera a esa e

tarxeta pero sempre tocando o timbre antes de falar.

Silvia xogou coas letras de cores, onde partindo das tarxetas que tivera cada un podían poñer as letras se correspondían a súa cor se non, perdían turno.

Con Raquel tiraban os dados de letras e tiñan que dicir na maior brevidade posible todas as palabras que comezaran por esas letras.

E por último, Julia axudounos a encontrar todos os obxectos que comezaran pola mesma letra que as nosas miniaturas. 

 

Grazas familias por vir.