Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
MAR DE PALABRAS 21 DE ABRIL
Hoxe en mar de palabras tivemos a sorte de poder xogar con Julia, Silvia, Lilí e Carlos o padriño de Daniel.
Con Julia xoamos a completar con letras de madeira as palabras das tarxetas.
Con Silvia completamos unha ficha onde tíñamos que poñer a letra pola que comezaba cada debuxo.
Con Lilí escollíamos unha tarxeta dos catro grupos que nos ofrecia: animais, alimentos, deportes e nomes de persoa. Detrás de cada carta encontrábamos 4 letras e nos tíñamos que pensar unha palabras que tivera unha desas letras.
E por último, como Carlos era a primeira vez que viña a nosa clase xogamos o bingo que é unha das actividades que máis nos gusta.
Grazas familias por vir a pasar este ratiño con nos. Agardamos que o pasárades moi ben.