Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

PROXECTO: OS PINGÜÍNS

Durante o mes de febreiro levamos a cabo un pequeno proxecto de aula sobre OS PINGÜÍNS.

Despois de moito debater, estos foron os animais elixidos para facernos expertos e expertas. 

Primeiro levamos a cabo unha asamblea para aclarar o que sabíamos e o que queríamos saber.

 

ASAMBLEA LUNS 23 DE XANEIRO DE 2023.

 

- QUE SABEMOS DO INVERNO? 

 

AITOR: Pingüíns

CARMEN S: neve 

JULIA: Oso polar

MARA: Frio

MARTA: Xeo

MARTÍN: Polo norte

 

- QUE SABEMOS DOS PINGÜÍNS? 

 

ADRIÁN:que a auga está fria

MARTÍN: están desnudos

AITOR: teñen frio e plumas

CARMEN F: comen peixe

DANIEL: viven no xeo

MARTÍN: son torpes

ADRIÁN: lles gusta tirarse a auga fria

 

- QUE SON OS PINGÜÍNS? 

 

MARTÍN: animais

 

ONDE VIVEN OS PINGÜÍNS ?

 

AITOR: viven no xeo

JULIETA: no polo norte

CARMEN F: nun cubito de xeo

MARTÍN: en iglús

 

- COMO NACEN OS PINGÜÍNS? 

 

MARTÍN: na barriga 

AITOR: como os bebés

MARTIÑO: na barriga da súa mamá

LUCAS: dun ovo

CARMEN F: nacen e son un bebeciño moi mono 

 

- QUE COMEN OS PINGÜÍNS ? 

 

CHLOE: peixes

AITOR: vermes

CARMEN F: comen xeo

MARTÍN:  os osos polares non comen os pingüíns porque viven en sitios distintos.

 

- COMO SE DESPRAZAN DE UN SITIO A OUTRO? 

 

CARMEN S: de puntillas

JULIETA: movendo os pés

MARA: coas mans pegadas o corpo

MARTA: coa barriga 

 

- QUE HAI DEBAIXO DO XEO? 

 

MARTA: neve

ADRIÁN: auga

MARTÍN: hai xeo porque o xeo flota.

 

 

QUE QUEREMOS SABER? 

 

-Que son os pingüíns?

-Como son?

-Onde viven?

-Como nacen?

-Que comen?

-Como se desprazan?

 

Informamos as familias, recabamos información de libros, revistas, periódicos, internet... limos contos, vimos videos, etc.

Fixemos moitas actividades sobre eles respondendo así as nosas preguntas.

Neste video tedes pequenos resumes que agardamos que vos gusten tanto como a nós e sobre todo, que poidades ver un pouquiño do que gozamos deste proceso.

 

Grazas.