Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Día da Árbore.
Alumn@s recitan o poema "Aproveito para falar" da escritora fenesa Mariola Hermida para facer unha conmemoración conxunta do Día da Árbore,Día da Poesía e Día Mundial da auga.Esperamos vos guste.
APROVEITO PARA FALAR.
Aproveito para falar
das cerdeiras en flor,
dos campos ateigados
de margaridas,
do ruido que fan os grilos
-ó atardecer-
do río manso que lava as sarabias,
das laranxas amargas,
dunha nena que pinta os beizos,
doutra que xoga con bonecas,
das formigas con ás
-nos días de brétema-
das cuncas de caldo,
das zocas que facía o padriño.
Fixerono fenomenal,non si?