Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

A MALETA

Iniciamos novo curso e con el arrancamos unha nova modalidade da Maleta protagonista; pois trátase dunha estupenda dinámica de cohesión de grupo que favorece a interrelación, o coñecemento mútuo e a distensión dentro do mesmo.

Aínda que a miúdo pensamos que nos coñecemos, é curioso como ao realizar esta actividade xurden aspectos da personalidade, afeccións, intereses… que non se coñecían e que, suscitan ás veces, novas afeccións entre os/as  alumnos/as.

Este ano a maleta viaxa as casas de cada nena e neno da aula para voltar ao cole co  seu ALMBUN PERSONALIZADO DO VERÁN; un álbum que realizan en familia con fotografías de cousas que fixeron durante o tempo de vacacións, sitios que visitaron, practicando algún hobbie ou deporte, desfrutando en familia,…

Todas as semanas estamos desexando que chegue o momento de abrila e a compañeira ou compañeiro protagonista nolo amose e comparta con nós todas as anécdotas e historias que esas fotos recollen.

Roi, Andrea, Nicole, Marco e Jose foron os compis que xa nos presentaron os seus álbums. Parabéns polo traballo realizado e grazas por compartir con todas e todos nós un pouquiño do voso verán.