Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

CONTOS DE BOCA

"Contos de boca" trátase dunha proposta que realizamos nas aulas de infantil mensualmente, os luns, na hora de ler. Nela contamos coa participación das familias para vir á aula lernos un conto, contarnos de boca unha historia (real ou inventada), experiencias, lendas, anécdotas,....empregando a voz como única ferramenta. Un útil estupendo co que logramos captar a súa atención. Pois os os contos son un piar clave para o desenvolvemento psicolóxico e intelectual das nenas e nenos dado aos moitos os beneficios que lles proporcionan; son un recurso pedagóxico fundamental que debe estar presente, tanto na escola coma nos fogares, no seu día a día.

Na aula de 6º de Educación Infantil tivemos a sorte de contar con Lidia para realizar esta proposta que tanto nos gusta.

Moitas grazas Lidia pola túa colaboración, volve cando queiras!