Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

A CASA REAL DA SÚA MAXESTADE O REI D. FELIPE, ESCRIBE A NOSO COLE!!!

Co obxecto de ir preparando o derradeiro tema da área de CCSS de 6º curso, no que se estudan as institucións fundamentais de España como o Congreso, o Senado, a Comunidade Autónoma, o Concello e a Monarquía, as titoras de ámbolos dous sextos, Espe e Cris, puxéronse en contacto con todas elas, inclusive a mesma Casa Real.

Nunha carta explicativa sobre a necesidade de que alumnos e alumnas coñezan, valoren e respecten as institucións que os/as representan, e á vez, comprendan estes temas tan alonxados dos seus intereses, ámbolas mestras dirixíronse á Casa Real procurando o modo de achegar os seus alumnos/as a esta insititución.

Moi amablemente, déronnos resposta e queremos compartir con todos vosoutros/as esta carta porque sinceramente, abraiounos e de paso "alporizou" a todo o alumnado de 6º EP.

Para lela carta completa picade no ficheiro adxunto.

 

 

AdxuntoTamaño
CARTA CASA REAL.PDF282.49 KB