Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Titorial acceso Aula Virtual CEIP Plurilingüe de Centieiras

Debido á situación de alongamento da suspensión das clases presenciais, desde o centro atopamos a necesidade de reorganizar a forma de traballo. Así, A PARTIR DO LUNS 27 DE ABRIL as actividades didácticas estarán na AULA VIRTUAL á que tedes acceso dende a web do centro, na esquina superior esquerda:

Para facilitar o acceso, déixovos un titorial no documento adxunto cos pasos que debedes seguir para acceder e enviareivos por abalarMóbil unha mensaxe cos vosos usuarios

Deste xeito, esperamos poder organizar mellor a comunicación co alumnado, a posibilidade de facer videoconferencias e un mellor seguimento do traballo que están a realizar de cara a avaliación do terceiro trimestre.

Desculpade as molestias que vos poidamos ocasionar debido aos constantes cambios, pero nós, como centro educativo e como profesorado, tamén nos atopamos ante unha situación de incerteza e só pretendemos poder chegar ao maior número de alumnado posible e do mellor xeito que atopamos. Cremos que o uso desta plataforma simplificará a complicada tarefa que alumnado, familias e profesorado temos ante nós.

Un saúdo

Isa

AdxuntoTamaño
Titorial alumnado_Entrando por primeira vez na aula virtual do cole.pdf989.93 KB