Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

4º DE INFANTIL DESDE AS SÚAS CASAS

As nenas e nenos de 3 anos seguen a facer moitas cousas estes días nas súas casas.

Hoxe Eva, Xiana, Elsa, Sergio, Marco, Diego e Yasín queren amosarnos as actividades tan bonitas e fantásticas que están a facer.

Xiana compuxo o nome das profes e o seu con letras mobiles, repasou o abecedario e estivo cociñando co seu irmán Xoel. Marco e Diego están a aprender moitas cousas dos animais e do seu hábitad. Sergio animouse a facer a proposta do nenúfar con mensaxe e Yasín a de lavar ben as mans para borrar o virus do coronavirus. Elsa, pola súa parte, quixo amosarnos o ben que lle quedou o móbil de lavar as mans, a composición da palabra primavera e como fixo o reto de Iria. Eva enviounos un bico moi especial e fixo un circuito na casa; está feita unha deportista en toda regra.

Que alegría poder vervos!!!

Estádelo facendo xenial. Sodes uns campións /as.

Botámosvos moito de menos. 

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d319381509kP1079720605o2l1/3-anos-desde-a-casa