Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
PROPOSTA DE ACTIVIDADES 15 DE ABRIL
Ola de novo, familias!
Na proposta de hoxe, deixamos o seguinte material adxunto:
- MATEMÁTICAS: ficha de problemas.
- LINGUA CASTELÁ: ficha de comprensión dun texto informativo.
- LINGUA GALEGA: ficha de comprensión dun texto poético.
- CIENCIAS DA NATUREZA: ficha sobre os ecosistemas.
A maiores, na proposta de enlaces web, deixamos os seguintes:
- Un reto de trabalinguas moi entretido.
- Queremos tamén recomendarvos unha aplicación que podedes descargar en calquera dispositivo (App Store, Google Play e nun ordenador), que se chama Bmath; un recurso moi útil para continuar a aprendizaxe matemática na casa e, que actualmente, os seus creadores puxeron de xeito gratuíto. Ademais, hoxe ás 18.00 horas, no seguinte enlace, haberá unha retransimión en directo do propio equipo didáctico de Bmath sobre un experimento científico e un reto matemático. Farán retransmisións cada semana.
- E, por último, un vídeo sobre o día Internacional do Bico que, como xa sabedes, foi o pasado 13 de abril. Agardamos así, facervos chegar a todas e todos, un bico virtual para darvos forzas e moito ánimo!
Unha aperta,
Carmen e Vero.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
MATEMÁTICAS 15 ABRIL.pdf | 2.08 MB |
CASTELÁN 15 ABRIL.pdf | 113.22 KB |
GALEGO 15 ABRIL.pdf | 90.15 KB |
NATURAIS 15 ABRIL.pdf | 118.58 KB |