Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Popostas de actividades inglés.
Ola familias!!
Aquí tedes unha manualidade para que fagades, se vos apetece, e os nenos e nenas lembren a “ Shark family”. No mesmo enlace tedes o video que de seguro lles gustará.
Déixovos tamén varias propostas interesantes:
- SUPER SIMPLE SONGS: Nesta páxina hai centos de contidos: debuxos, cancións, programas educativos, manualidades... ademais están algunhas das cancións aprendidas en clase, que seguro recoñecen.
-
CLAN TV EN INGLÉS: A través desta páxina web tedes as series de CLAN TV dispoñibles en inglés .
Podedes ver, se vos apetece, os debuxos de sempre en inglés, so hai que configurar a TV para que estea en versión orixinal (ou o mesmo seleccionando esa opción en NETFLIX, DISNEY +, outras plataformas ou calquera DVD).