Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Novas propostas de tarefas para 6º EP (semana do 30 de marzo)

Estimadas familias e alumnado de sexto:

 

Xa están dispoñibles na Aula Virtual de Santillana as novas propostas de actividades de Matemáticas e Lingua Castelá para esta semana.

En canto a Ciencias da Natureza, propóñovos esta actividade titulada Experimentando coa materia, na que atoparedes dous sinxelos experimentos que poderedes facer na casa e actividades relacionadas con eles.

Lémbrovos que os que aínda non o fixestes, podedes enviarme os vosos vídeos coa exposición dos temas 5 e 6 de Naturais ao correo clasesextocentieiras@gmail.com. Queremos vervos!

Para Lingua Galega, propóñovos redactar unha receita de cociña, preferiblemente unha receita que fagades estes días na casa. Máis abaixo atoparedes un documento pdf adxunto cun guión para redactar a receita e un exemplo que podedes usar como modelo. Podedes enviarme as vosas receitas ao correo eléctrónico clasesextocentieiras@gmail.com e publicareinas no blog da nosa clase para que todas e todos poidamos probalas nas nosas casas.

Recordade que se tedes dúbidas de vocabulario ou ortografía durante a redacción da receita, podedes consultar o Dicionario da Real Academia Galega en liña.

Agardo ver pronto os vosos traballos.

Moito ánimo para afrontar esta terceira semana de confinamento!

Apertas 

 

Isa

 

AdxuntoTamaño
TAREFA RECEITA LINGUA GALEGA 6º EP (30 de marzo).pdf486.44 KB