Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
PROPOSTA DE ACTIVIDADES 23 MARZO
Ola de novo familias,
deixámosvos adxuntas, tal e como acordamos, as propostas de tarefas de hoxe:
- Unha ficha de comprensión lectora de Lingua Castelá.
- Unha ficha de Lingua Galega para repasar os substantivos comúns e propios, e o uso de R e RR.
- Unha ficha de Matemáticas de práctica de problemas con máis dunha operación e exercicios de multiplicacións.
- Unha ficha de Ciencias da Natureza de repaso de seres vivos.
A maiores, deixámosvos tamén unhas propostas de enlaces a webs:
► Aquí, un vídeo para que os pequenos se divirtan comendo froita e mantendo as merendas saudables que aprendemos en Ciencias da Natureza, moi importante nestes días.
► Aquí, tedes un novo conto sobre a situación que estamos a vivir, pensamos que é realmente interesante.
► E aquí, un labirinto matemático moi entretido.
Ademais, como xa saberedes, a partir de hoxe (luns 23 de marzo) comeza “Aprendemos en casa” na canle CLAN TV. En concreto, para as alumnos e alumnos de 3º de Primaria, a distribución de contidos que van a emitir (de 10.00 a 11.00 horas) é a seguinte:
LUNS: Matemáticas
MARTES: Ciencias Sociais
MÉRCORES: Ed. Artística e Ed. Física
XOVES: Lingua e Idiomas
VENRES: Ciencias da Natureza
E, na canle G2 (da televisión de Galicia), tamén comezarán a emitir series divulgativas de animación de luns a venres como “Era unha vez o home” (11.00 horas) e “Eran unha vez os exploradores” (11.30 horas). Ademais, o programa “Criaturas”, proporcionaralles ás pequenas e pequenos información do medio natural e dos animais desde diversas perspectivas.
Un saúdo e moitísimo ánimo!
Carmen e Vero.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CASTELÁN 23M.pdf | 113.23 KB |
GALEGO 23M.pdf | 78.99 KB |
MATEMÁTICAS 23M.pdf | 109.14 KB |
NATURAIS 23M.pdf | 141.91 KB |