FORMACIÓN DE USUARIOS EN RADIO NA BIBLIO

Na mañá do venres, 4 de novembro, o alummnado de 5º e 6º de Primaria participou na FORMACIÓN DE RADIO impartida por  Damián Alonso, membro da Asociación Cultural e Pedagóxica PONTE...NAS ONDAS!.

Damían é actor de dobraxe en documentais, series animadas, series para adultos, películas que podemos escoitar en Discovery, Clan TVE...

Este é o quinto curso no que imos participar neste proxecto destinado a centros que formamos parte do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares).

 

NESTE ENLACE podedes ver todo o que fixemos desde o ano 2018.

Ler máis

A formación dividiuse en tres partes:

  • Na primeira traballaron a locución tendo en conta aspectos como a interpretación da lectura  según o tipo de mensaxe (narración, publicidade, noticieiro) e a transmisión da mensaxe (dicción, volume, velocidade, ton...) 
  • A segunda parte estivo centrada na parte técnica, aprendendo a manexar o programa Audacity
  • Por último realizaron un programa moi variado en temáticas. Primeiramente fixeron diferentes grupos e prepararon unha escaleta. A continuación fixeron de locutores e de técnicos de son.

Queda moito por aprender pero pouco a pouco irán saíndo diferentes programas ou podcasts que poderemos ver e escoitar a través deste blogue.

PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DA SESIÓN DE FORMACIÓN