BiblioCeleiro

RADIO NA BIBLIO: ENTREVISTA Á MESTRA DE MÚSICA

Na mañá do xoves, 27 de abril, o alumnado de 5º de Primaria gravaron o programa de Radio na Biblio dedicado á entrevista. O equipo formado por Alma, Julia, Celia e David preparou as preguntas para entrevistar á mestra Marta Pérez que se xubila ao finalizar este curso.

 

Visita dos cursos de 1º e 2º de E. Primaria ao reloxo de Santa María

Os alumnxs de 1º e 2º de E. Primaria visitamos o reloxo francés datado en 1861 e que foi restaurado pola empresa Lages Relojería Monumental no Conxuntao Histórico Artístico da Praza de Santa María, aínda que tamén debemos mencionar a Jesús Paleo que foi que foi o encargado do mantemento do reloxo durante os últimos 40 anos. Impresionante labor!!!

Grazas a Carlos Nuevo Cal, cronista do concello de Viveiro por tantas explicacións que nos deu e polo seu aporte documental. Aprendemos un montón desta peza, pero tamén sobre a historia de Viviero e desta fermosa igrexa.

CALENDARIO POÉTICO

Presentamos hoxe un traballo que estivemos realizando durante este curso sobre o libro CALENDARIO POÉTICO, do poeta Xoán Neira, que estivo no noso colexio o 9 de febreiro presentando o seu libro para todo o alumnado.

O traballo consistiu en reproducir con debuxos os poemas de cada mes, logo gravaron en audio o recitado dos poemas para rematar presentando todo o traballo en vídeos que podemos ver no seguinte enlace:

VÍDEOS NO CANAL YOUTUBE DO COLEXIO

 

 

XORNADA DE LIMPEZA DO ALUMNADO DE 3º A 6º DE E. PRIMARIA

Onte o alumnado de 3º a 6º de e. primaria tivo unha xornada de limpeza en distintas zonas da nosa contorna.

No mes de novembro xa fixéramos unha primeira limpeza que se completa coa realizada no día de onte e que sirve para concienciar nos valores medioambientais que debe ter o noso alumnado. Ademais, parate do lixo recollido serviranos para facer unha obra artística que de seguro nos queda ben fermosa.

Agradecemos a colaboración prestada por Lucas Requejo.

UNHA SEGUNDA OPORTUNIDADE PARA OS LIBROS DA BIBLIOTECA

Na nosa intención de reutilizar os recursos do colexio e tendo en conta que celebrabamos a Semana do libro, repartimos un libro para cada alumn@ procedente da biblioteca. Esta experiencia levouse a cabo o venres día 21 de abril e hoxe 23 de abril, Día do Libro, ensinámosvos unha mostra desa experiencia.

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

O CUCO QUE QUEDOU NO OUTONO.

Os nen@s de 5º de Educación Infantil e a súa mestra, Inés, elaboraron un fermoso conto. O seu protagonista foi o cuco. Esta obra rulou polas aulas e tod@s disfrutamos deste traballo tan ben elaborado. Parabéns!!!

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O CONTO

 

PREME NA IMAXE PARA PODER VER AS FOTOGRAFÍAS  DAS VISITAS NAS AULAS

 

 

 

The legend of: "Saint George and the dragon"

 

 A mestra de inglés, Rosa e o axudante de conversa, JohaN, xunto cos alumn@s de 2ª de EP. prepararon a obra de teatro:THE LEGEND OF: "SAINT GEORGE AND THE DRAGON". A LENDA DE " SAN XURXO E O DRAGÓN"

Todo o colexio disfrutamos da súa magnifica representación. Noraboa a tod@s!!!

 

 PREME NA FOTOGRAFÍA PARA PODER VER O VÍDEO DA REPRESENTACIÓN.

 

 

AQUÍ TEDES AS FOTOGRAFÍAS DA MESMA OBRA

SEMANA DO LIBRO NO COLEXIO

Imos entrar na semana do Día do Libro ( 23 de abril), por iso a Biblioteca, aulas e equipos están preparando moitas actividades:

  • Exposición de libros novos e sobre Miguel de Cervantes: Don Quijote de la Mancha.

 

 O alumnado de 6º de Primaria realizou un programa de Radio na Biblio, sobre recomendacións lectoras.

  • Tamén faremos unhas sesións de contacontos para Infantil e Primaria nas horas de ler. As representacións estarán realizadas polo alumnado de 2º de Primaria e foron  preparadas na aula de inglés coa colaboración do auxiliar de conversa Johan.
  • Deixamos aquí o enlace á páxina especial do Día do Libro onde poderedes ver as diferentes actividades que realizamos en cursos anteriores

PREME NA IMAXE

CHEGOU A PRIMAVERA Á BIBLIOTECA

Os nenxs de 2º de Educación Primaria recolleron as flores, que naceron dos bulbos plantados no inverno, no patio da bibioteca.

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

Encontros PLAMBE

O pasado 31 de marzo celebrouse, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2022/2023, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura galega, a intelixencia artificial, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional.

Ademais, presentouse un total de 21 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar, radio na biblio, bibliotecas LIA.3  e outros... ).

A coordinadora da nosa biblioteca asistiu a estes encontros e trouxo moitas ideas novas para aplicar no noso centro e subliñou a importancia de ter "unha alianza de centros".

 

Distribuir contido