Skip to Content

blogue debiblioteca

Un Samaín libre de medos

Hoxe todo o alumnado do CEIP de Celeiro desfrutou duns obradoiros da Escola Galega de Consumo para celebrar un Samaín sen medos e exento de perigos.

Os obxectivos destes obradoiros eran:

Advertir sobre os principais riscos nos disfraces, complementos e artigos de Samaín.

Dar a coñecer as normas de etiquetado destes produtos.

Divulgar a actuación da inspección de consumo e do Laboratorio Galego do Consumo.

 

 

 

 

 

Viaxe cultural a Mondoñedo

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizou unha viaxe cultural a Mondoñedo.

Visitaron a Casa-Museo de Alvaro Cunqueiro, o Museo da Imprenta e asistiron a varios obradoiros manipulativos de Monicreques e Alfar.

Pasámolo en grande!!!

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

 

 

 

 

 

 

 

 

PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA

Laura e Dylan de 3º de EP, Matías e Adriana de 4º de EP, Mateo e Paula de 5º de Ep e Julia e Hugo de 6º de EP, fixeron a presentación da biblioteca ao resto do alumnado do centro.

Fixéronno xenial!!!. Explicaron o funcionamento, os espazos, as normas, repartiron as Mochilas Viaxeiras e o resto de alumnado atendeu a todas estas explicacións.

Foi unha experiencia moi fermosa!!!

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

 

 

 

 

 

 

 

Limpeza de praias

Hoxe todo o alumnado de primaria  do CEIP de Celeiro participou nunha xornada de limpeza simultánea de praias en colaboración con ADEGA e coa gran axuda que sempre nos brinda a Asociación Pratodo.

Sabemos que un dos grandes problemas da nosa sociedade é o plástico que acaba en pequenos anacos polas praias e os mares e que termina en moitas ocasións no interior dos peixes, e polo tanto, nas persoas.

Participamos e concienciamos ao noso alumnado da importancia de que  ter uns mares sen plástico é ter uns mares con vida.

Podemos ver o vídeo que resume o noso día.

 

 

 

Charla sobre o colector de cor marrón

Hoxe o alumnado do 2º e 3º ciclo de Educación Primaria tivo unha magnífica charla sobre o uso e utilización do colector marrón que se vai instalar nos Concellos.

A reciclar e seguir aprendendo!

 

Educación en Igualdade

Desde a ANPA do CEIP de Celeiro informan que o vindeiro luns día 10 terá lugar unha charla sobre igualdade ás 7 da tarde no salón de actos do Concello de Viveiro.

O acto está aberto para todo o público (non só para as familias do noso colexio) e enmárcase dentro dun programa de actividades coeducativas que se van levar a cabo co alumnado do noso centro ao longo do mes de outubro.

Alí vos esperamos!

Iniciamos un novo curso

Aquí estamos de volta!!!

Dámoslles unha benvida moi especial ao alumnado de 4º de EI.

PREME NA IMAXE PARA VER TODOS OS CURSOS

 

Proxecto competencial

O alumnado de 3º de EP. levou a cabo un proxecto de Maruja Mallo impresionante, con debuxos e textos que mostraban a súa biografía.

Noraboa!!!

"FESTIVAL FINAL ESPECIAL"

Na tarde do sábado, 10 de xuño de 2023, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, realizamos un gran Festival Musical con todo o alumnado do colexio, con motivo da despedida das nenas e nenos de 6º de Primaria, pois marchan xa para o Instituto, e tamén a despedida da mestra de Música, Marta Pérez.

Foi unha tarde moi emotiva!. Cantamos e tocamos cancións que preparamos ao longo do curso na aula de Música.

Como mestra de todas estas nenas e nenos quero felicitalos pois fixéronno moi ben!

VISITA DA BANDA DE MÚSICA DO CONSERVATORIO DE VIVEIRO

Onte recibimos a visita da Banda de Música do Conservatorio de Música de Viveiro.

Foi unha xornada de risas e boas vibracións.

Disfrutamos moitísimo da presenza de antigos alumnos do colexio e tivemos  a oprtunidade de tocar diferentes instrumentos de vento- metal e vento-madeira.

Mil grazas a todxs, especialemente a Álvaro, Samuel, Yeray, Pablo e Antón.  

 

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut