Durante esta semana estamos celebrando o Día das Bibliotecas Escolares.
Houbo tanta participación de pais, nais, veciños, antigos mestres,... que decidimos adicar a semana completa a esta emotiva actividade.
Poñemos aquí unha pequena mostra do esforzo que todas estas persoas adicaron a sacar un sorriso ao alumnado deste centro.
Realmente estámolo pasando en grande coas vosas propostas: teatros de guiñol, libros, contos, presentacións,...
Miles de grazas familias!!!
PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO
Continúamos coas xornadas de familia-escola con diferentes actividades: contar contos, elaboración de doces e bonecas, explicar anécdotas e lendas.
Estamos sentindo un ambiente entrañable con cada unha destas actividades.
De novo, mil grazas!!!
Preme na imaxe para poder ver o vídeo