Durante dous días desta semana visitáronos Lucas Requejo e Jarull Rynol para elaborar receitas con froitas e alimentos naturais.
Dende Prato-Do foron capaces de demostrar a todo o noso alumnado que alimentarse dunha forma divertida e saudable é posible. Promoven a saúde e o coidado do noso planeta dende o ano 2014. Evitando alimentos procesados e concienciando a toda a comunidcade educativa do consumo responsable, apoiando o comercio de proximidade.
Elaboraron: Froitas de tempada, "Aquarius natural", bebidas saudables e sostibles e barriñas enerxéticas.
É un verdadeiro pracer recibir a Lucas e ao seus colaboradores no noso centro, polas boas sensacións que crean en cada actividade e, especialmente, polos obxectivos tan importantes que promoven.
Acompañan cada actividade coa canción "As merendas que nos gustan máis" cocreada por Lucas e Iván Vale e que nós incluímos neste vídeo.
PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO!
Grazas, mil grazas!!!