Cada 30 de xaneiro lembramos en todos os centros educativos a importancia de vivir nun mundo en paz.
É un dereito da infancia e de toda a humanidade.
Ao longo da historia, a humanidade creou diferentes símbolos para representar a paz: a bandeira branca, as ramas de oliveira, a pomba...
Para que a paz sexa algo máis que un símbolo, debemos traballar cada día en facela realidade. Dende o CEIP A Castelá estivemos a conmemorar o Día da Paz con este fermoso mural que podemos atopar na entrada do colexio.
Todos os alumnos e alumnas, desde Infantil a Primaria participaron para elaborar dito mural.
Cabe destacar que a paz é previr as diversas formas de violencia, promovendo correntes de opinión a favor do compromiso de todas e todos coa paz.
A Paz é fortalecer os valores da convivencia social, o respecto ás leis e aos dereitos humanos; a Paz é a práctica da democracia e a xustiza.
Vivamos nun mundo con paz e tolerancia!
Código descuento augusta eco wellness resort