Co fin de facilitar a aprendizaxe dixital do acceso ás Aulas Virtuais a todo o alumnado e familias, elaboramos videotutoriais sinxelos para a facilitar a comprensión.
Pese a que estamos a ensinar de xeito individual e en cada grupo/clase, creemos convinte crear estes vídeos de axuda, por se alguén en algún momento precisa recurrir a eles e deste xeito, facilitar o acceso a ditas Aulas Virtuais.
O fin destas Aulas, e meramente pedagóxico, ademais fomentamos deste xeito o uso das TICs nos alumnos/as.
Porén, para que todo o alumnado se acostume a empregalas de xeito natural e eventual, debemos familiarizaros con elas o máis pronto posible.
- VIDEOTUTORIAL PARA ACCEDER Á AULA VIRTUAL DENDE ORDENADOR
No seguinte vídeo, mostramos os pasos a seguir para aqueles alumnos/as que dispoñan de ordenador de sobremesa ou portátil.
- VIDEOTUTORIAL PARA ACCEDER Á AULA VIRTUAL DENDE APP (MÓBIL OU TABLET)
No caso de aqueles alumnos/as que non dispoñan de ordenador, poden acceder mediante unha APP para móviles ou tablets. No seguinte vídeo ensinamos os pasos a seguir.
Para calquera consulta, non dubidedes en escribirnos ao noso correo ceip.castellana@edu.xunta.gal.
Esperamos que vos sirva de axuda.
Un saúdo.