O concello de Rianxo acaba de atender unha das peticións da ANPA os Gudiños e do resto das ANPAS dos colexios de Rianxo e das nosas comunidades educativas, volve o Plan Madruga.
Nesta ocasión o servizo non será totalmente gratuíto, cada usuario terá que abonar 35 euros/MES por alumn@ (haberá bonificacións para familias monoparentais ou con varios fillos). Coa única finalidade de recoller datos as familias interesadas deberán facer unha pre-inscripción. Tedes a ficha de pre-inscipción e toda a información na páxina de Servicios Sociais do Concello de Rianxo