No mes de decembro festexamos o Nadal, con moitas actividades e unha rica chocolatada. Con estas postais máxicas desexámosvos Bo Nadal!
Tamén foi un mes de encontrarnos cxs nosxs madriñas e padriños lectores. Para ese momento tan especial fixémoslle un agasallo moi propio destas festas.
Como xa sabedes, o traballo cos números axudounos a organizar todo o ano 2023. Co noso calendario xa na casa desexámosvos un FELIZ ANO NOVO!
Para celebrar o Magosto decoramos os nosos vasos para as castañas, vimos como se facían nas fogueiras, manchamos a cara de chamusco e bailamos e cantamos no concerto.
Comezamos coa actividade de padriños e madriñas lectorxs, que, de novo, parte da Biblioteca para acompañarnos e enchernos de ilusión durante todo o curso.
As aulas de 5 anos estanse a encher de números.
Que irá a acontecer? Estaremos moi atentxs!
Por fin chegou o día que todxs agardabamos: a inauguración da Biblioteca.
Co lema Musicalizate, o noso trasno Carrás, quere inundarnos de música.
Na aula de 3º naceron 3 pitiños. Tivemos a sorte de poder ir visitalos.
Chegou o Samaín!
O cole estase a encher de cabazas, adornos e contos de medo.
Os vermes de seda van medrando e algúns xa fixeron o casulo e saíron as bolboretas. Encántanos observalos e ver as distintas fases. Continuamos coa realización do proxecto aprendendo moitas cousas sobre estes bichiños.
Fixemos un experimento con flores de papel. Primeiro pintámolas e logo dobrámolas cara a dentro para que quedaran pechadas. Botámolas nunha cubeta coan auga e puidemos observar como se ían abrindo. Parecían nenúfares! Foi algo máxico! Outro experimento foi facer un debuxo con pinturas fosforescentes e podelas observar coa luz negra. Quedaron superchulas!!!
Neste mes de maio celebramos As Letras Galegas que este ano se lle adicou a Florencio Delgado Gurriarán. Fíxose no cole unha exposición con poesías do autor e nos memorizamos e ilustramos a poesía: “O sol, baril muiñeiro…” e desfrutamos moito cantando a poesía de “Aí ven o maio”. Ademais aprendemos datos de interese sobre a vida de Florencio Delgado.
Seguimos realizando traballos de arte coma unha bolboreta que recortamos e logo colocamos nunha cartolina negra. Con esponxa estampamos distintas cores de témpera e logo ao quitar a bolboreta quedou a silueta e arredor todo moi colorido. Coas pegadas dos nosos dedos,con témpera e rotuladores negros conseguimos facer uns fermosos paxariños. Tamén fixemos flores recortando círculos de papel de cores e logo completámolas coa cor negra. Outra actividade consistiu en botar témperas de cores na metade dun folio, logo dobrámolo, aplastamos a pintura coa man e quedounos una fermosa simetría. Encantáronnos estas actividades de arte!!!
Tivemos un obradoiro de igualdade no que nos explicaron que tanto nenos coma nenas somos iguais e podemos facer as mesmas actividades e vestir como máis nos guste. Ademáis contáronnos o conto de “Iriña bailarina”. Trátase dunha fermoso conto que invita a unha necesaria reflexión sobre a igualdade e os estereotipos de xénero.
Continuamos facendo actividades sobre a primavera traballando o vocabulario desta estación utilizando tarxetas, realizando grafismos, simetrías e tamén distintas manualidades.
Encantounos facer composicións utilizando elementos naturais: pétalos, follas, plantas de anís, perexil, paus, cocos de eucalipto… quedaron superchulas e ademais pasámolo moi ben!
Fixemos experimentos: machacamos follas de moreira e metémolas en alcohol. Puidemos observar como o alcohol se ía tinguindo de verde. Despois con ese líquido verde (clorofila) pintamos nun folio. Foi un experimento que nos encantou! Agora xa sabemos que as plantas teñen clorofila e unhas células que se chaman cloroplastos que lle dan esa cor verde o talo e as follas.
Na clase temos vermes de seda e estamos iniciando un proxecto sobre estes bichiños que tanto nos gusta observar. Xa sabemos que só comen follas de moreira e que nacen de ovos. Cando naceron vimos que eran moi pequeniños e de cor negra pero como comen moi ben medraron moito. Temos que limpalos, quitarlle as follas que van comendo e as cacas (ao principio son puntiños negros e logo vanse facendo boliñas cada vez máis grandes), e botámoslle follas todos os días. Encantanos observar como comen e como se moven!
O día 29 tivemos a actividade de padriños e madriñas lectores. Os nen@s de 5º B léronnos o conto: Vivan as uñas de cores ! Fíxemoslle una flor para darlle e eles tamén nos deron outro agasallo. Desfrutamos moitísimo esta actividade!