EN NOVEMBRO... DESPEGAMOS!

Cara o espazo despegamos con moitas ganas e ilusión para ver os planetas, a lúa, as estrelas e  algunha constelación. 

Aquí na Terra un recanto do espazo temos con libros e tarxetas do universo, un gran puzzle do sistema solar e algunas cousas máis. Fixemos  rochas e area lunar coas que nos encanta xogar.

Tamén  seguimos coas regretas, o xeoplano, os contos, as cancións…  Cada día unha aventura que vivimos con gran emoción.

Unha sorpresa tivemos cando a biblioteca se inaugurou e Carrás agasallos nos deixou. Unha contacontos nos visitou e a tod@s nos encantou.

No samaín lemos contos sobre pantasmas, cabazas e tamén cantamos cancións. Pintamos cabazas e un gato e en brux@s nos convertemos cun sombreiro que fixemos. 

No magosto as castañas vimos asar e logo poidémolas degustar  e tamén houbo música para bailar.

Da viaxe polo espazo seguiremos a desfrutar neste mes de decembro que xa vai comezar.