ARRECENDO A OUTONO

 

 

Calquera momento pode ser de aprendizaxe, tal e como vemos nesta imaxe, aproveitando as pingueiras que producia a chuvia, xs nenxs colocaron este recipiente e observaron con moita atención como se foi enchendo.

 

 

Recibimos unha carta chea de agasallos do outono, gustounos tanto, que decidimos facer unha para que cada un poda levala ás súas casas, fixándonos no remitente e destinatario para que así poda chegar ao seu destino.

 

 

Nesta época do ano atopamos moitos caracois no patio, resúltanos fascinantes, polo que fixemos os nosos propios caracois.

 

 

 

Coas follas, castañas, landras, abelás, ourizos, noces, ... que foron traendo xs nenxs, realizamos actividades de conteo, clasificacións, series, actividades artísticas, de lectoescritura...  moitas gracias pola vosa colaboración!

 

Ademais, este mes vén cargado de sustos. Pasade un terrorífico Samaín! HAHAHAHA!