Skip to Content

ENDL

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

REVISTA ESCOLAR AS LIÑEIRAS

 

Revista Escolar As Liñeiras

 

AS LIÑEIRAS  Nº 18 (2022-2023)

  Xa temos a revista deste curso en formato PDF. Pola lei de protección de datos, e atendendo aos permisos dados desde as familias, tentamos protexer a imaxe do alumnado que non conta coa autorización de uso da imaxe para a web e/ou a revista, e esperamos que non se nos colase ningúnha imaxe sen aplicar un filtro para evitar o seu recoñecemento. Pregamos que se nos notifiquen os posibles erros coa fin de corrixilos o antes posible.

Podedes acceder a ela premendo nestas dúas ligazóns resaltadas en cor azul:

REVISTA ESCOLAR "AS LIÑEIRAS" 2022-23

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/cnoY3TKb7sLqc76

 

______________________ 

 

 

LETRAS GALEGAS 2024

Como sabedes o 17 de maio é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. A homenaxeada este ano é Luisa Villalta, que foi unha escritora, filóloga, docente, e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narativa de ficción, ensaio e articulismo á vez que fixo traballos de tradución. 

Invitámoste a afondar máis para ires coñecendo pouco a pouco algo máis da súa traxectoria. Ao longo do curso podes ir consultando as ligazóns e reursos que imos achegar nesta sección. 

Podes comezar premendo nesta fotografía e verás algunhas das súas poesías:

 

PORTAL DAS PALABRAS 2020-2021

 

Palabra da semana

(Aquí podedes ver algunhas delas)

 

 

                            

 

                                                                           

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

Como xa sabedes, o 23 de febreiro celebramos  o nacemento da nosa gran escritora galega Rosalía de Castro. Aquí vos achegamos dous recursos interactivos para aprender cousiñas dela dunha maneira divertida.

 

Pica nas imaxes para velos.

 

 

Concurso de Cantigas Populares

Concurso de Cantigas Populares  

                                        

 

 Aquí podedes ver algunhas delas.               

      

 

REVISTA ESCOLAR AS LIÑEIRAS Nº16 - CURSO 2020/2021

Un ano máis, a revista as liñeiras fai un repaso do curso. Agardamos que vos guste.

(Pica na imaxe para vela)

GAÑADORES DO CONCURSO LITERARIO "MAREANDO HISTORIAS"

OLA NENOS/AS! QUEREDES SABER QUEN FORON OS GAÑADORES DO CONCURSO "MAREANDO HISTORIAS"? POIS AQUÍ ESTÁN (COS SEUS CORRESPONDENTES PSEUDÓNIMOS):

EDUCACIÓN INFANTIL

1º premio: A flautista (LAURA)

2º premio: A avoa lendo o periódico (LIA)

3º premio: Carteiro metendo cartas nun buzón (CEBRA)

 

1º CICLO, EDUCACIÓN PRIMARIA

1º premio: A tele encantada (XIRAFA)

2º premio: O teléfono con suerte (NUBE)

3º premio: Os medios sociais (OS INVENTOS)

 

2º CICLO, EDUCACIÓN PRIMARIA

1º premio: Unha longa travesía (WIRELESS)

2º premio: Sonia, a miña nova amiga (BOLBORETA)

3º premio: De peor a mellor (LEÓN)

 

3º CICLO, EDUCACIÓN PRIMARIA

1º premio: Unha aventura en Exipto (BOBESPONJA99)

2º premio: Unha vida sen ti (PACO)

3º premio: Unha excursión que valeu a pena (BIMBO)

 

NORABOA A TODOS OS PREMIADOS/AS!! Sorriso

AGORA A ESPERAR OS AGASALLOS QUE NON TARDAN EN CHEGAR!!

SEMANA DAS LETRAS 2021 - DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como xa sabedes, o vindeiro luns 17 de maio celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Este ano a autora homenaxeada é XELA ARIAS.

Esta semana é a Semana das Letras e investigaremos e traballaremos para saber máis sobre Xela Arias. Aquí deixamos material interactivo para divertirnos ó tempo que aprendemos e descubrimos cousiñas novas sobre ela!

(Pica na imaxe para vela e en cada recurso para abrilo)

RECOMENDACIÓNS NO DÍA DO LIBRO (23 de abril)

Bos días nenos/as e familias!

Como hoxe é o día do libro, a maiores do vídeo tan chulo que se fixo coas caras que aparecen en libros, subimos recomendacións feitas polos propios pequenos/as sobre os seus libros favoritos. Animádevos a lelos vós tamén!

Un saúdo! 

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Como xa sabedes, este mércores día 24 de febreiro conmemórase o nacemento da escritora galega máis importante da nosa historia: ROSALÍA DE CASTRO!

Xogando é divertido aprender, así que aquí vos presentamos dous recursos interactivos cos que esperamos que disfrutedes.

(Pica nas imaxes para velos)

 

CONCURSO DE ADIVIÑAS TRADICIONAIS 2020

Pensabades que ía rematar o ano sen o noso  concurso de adiviñas tradicionais? 

Pois estabades ben equivocados e equivocadas!

Porque este curso, unha vez máis, ides ter que esforzar as vosas mentes para solucionar as

catorce adiviñas que vos propoñemos. 

Asi que xa o sabedes, atentos que temos unha nova edición de:

ADIVIÑAS TRADICIONAIS NO C.E.I.P DE CARNOTA

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut