Skip to Content

ENDL

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

XOGANDO COAS SÍLABAS

Queres repasar o que aprendiches sobre as sílabas? Preme na palabra SILABA que aparece a continuación e aprende divertíndote..

 

A SÍLABA

ESTE ANO CELEBRAMOS... DOUS DÍAS DAS LETRAS GALEGAS!

O Día das Letras Galegas foi instituído pola Real Academia Galega no ano 1963, ao cumprirse o centenario da publicación de «Cantares Gallegos», de Rosalía de Castro. Esta obra dedicoulla Rosalía ao escritor Fernán Caballero, un 17 de maio de 1863, e precisamente ese día foi o escollido pola Real Academia para homenaxear anualmente a un escritor ou escritora pola súa obra no noso idioma, o galego.

Este ano, e por mor da pandemia do covid-19, non foi posible celebrar normalmente o Día das Letras o 17 de maio, así que a Real Academia acordou celebrar esta homenaxe o día 31 de outubro. Así que este ano... Día das Letras por partida dobre!

Este ano homenaxeamos a Ricardo Carvalho Calero, profesor, escritor e, sobre todo, amante do idioma galego. Coma nós. Queres saber algo máis da vida e da obra de Ricardo Carvalho?

Só tes que clicar nas ligazóns que aparecen a continuación e poderás atopar textos, biografía, xogos interactivos, exposición, actividades en papel... Clicamos? 

PIRATAS DO BENCHO

ACTIVIDADES SEMINARIO GALÁN

PRIMAVERA DAS LETRAS 2020

VIDA E OBRA DE RICARDO CARVALHO CALERO

 

AS POESÍAS DE DECEMBRO

SEMANA DO 9 AO 11 DE DECEMBRO.

Manuel María   Panxoliña de Nadal

 

Hai un vento cheo de frío

apousado nos camiños.

E no ar un asubío

todo cheo de aloumiños.

 

Pero un vento milagreiro,

nacerá polo Nadal.

Brillará coma un luceiro

pra alumear o portal.

 

A PALABRA DA SEMANA

Tiras cómicas y viñetas de humor en Faro de Vigo | A Fondo – Faro de Vigo

 

E A PALABRA DA SEMANA DO 2 AO 8 DE OUTUBRO É:  

ESTREMONÍA

(Suxerencia de Cristina, mestra de Primaria)

"Que estrabesado es, non fas máis que estremonías"

Revista AS LIÑEIRAS 19/20

Un ano máis a revista As Liñeiras fai un repaso dos aspectos máis destacados deste curso. Picade na imaxe para vela.

 

 

LETRAS GALEGAS 2020

Aínda que a os actos conmemorativos das Letras Galegas adiáronse  para outubro, nós non queríamos deixar pasar esta data. Deixámosvos aquí algo de información para coñecer máis de preto tanto esta celebracion como  a figura de Ricardo Carvalho Calero.

 Pinchade na imaxe para ver a información

 

25 de novembro: Non é Non

Distribuir contido


by Dr. Radut