Skip to Content

EI 4 anos

BENVIDOS/AS!!

BENVIDAS FAMILIAS!

Comparto con vós o horario escolar deste ano para a aula de catro anos.

 

 

 

Un saudiño Sorriso

BENVIDOS/AS!!

BENVIDOS/AS FAMILIA!!

 

Bos días familia! Comparto con vós o horario da nosa aula:

 

 

UN SAUDIÑO!

Risa

 

 

Blog de Educación Infantil: 5º e 6º

Bos días,

Coa intención de non saturar á páxina web do centro de entradas, vendo que esta corentena pódese alongar máis do previsto e coa finalidade de estar todas as propostas xuntas, creei esta mañá un blog chamado A CATIVADA DE CARNOTA. Neste figuran todas as entradas anteriores xunto cunha nova. Concretamente, o que subín hoxe é unha lista de cancións para os nenos/as, a maioría das cales escoitamos na aula diariamente. 

A súa ligazón é:

https://acativadadecarnota.blogspot.com/

 

Espero que vos guste!

Un saúdo.

Proposta de contos para Educación Infantil: 5º e 6º

Bos días,

Hoxe a proposta que vos fago é sobre diferentes contos que lles podedes ler aos nenos/as se os tendes en formato libro ou visualizar a través de YouTube:

 

Cocorico. A través del, podemos traballar tamén a alimentación, destacando a importancia de que sexa variada, equilibrada e saudable. Ademais, danos pé a elaboración dun biscoito en familia fixándonos nos ingredientes, cantidades, pasos a realizar,…

https://www.youtube.com/watch?v=VtyHS-t-laM

 

Mariluz avestruz. Con este conto, desenvolvemos a temática dos animais fixándonos nas súas características.

https://www.youtube.com/watch?v=iBtUNd4DTbg

 

A casa da mosca chosca. Neste conto, os protagonistas tamén son os animais, podendo falar deles, pero tamén se incorporan os números ordinais, pois trátase dun conto acumulativo.

https://www.youtube.com/watch?v=CfzEpFwj1_E

 

Paco papán. Coa lectura da súa historia, podemos traballar os días da semana, os oficios,…

https://www.youtube.com/watch?v=X8Bl9HY55sk

 

Elmer. Trátase dun conto onde se mostra a importancia da diversidade e de que é positivo ser todos diferentes.

https://www.youtube.com/watch?v=T3u0AoA-E-s

 

Por cuatro esquinitas de nada. A través do seu argumento, desenvolvemos valores como a diversidade.

https://www.youtube.com/watch?v=DBjka_zQBdQ

 

Corre, corre, cabaciña. Este conto preséntovolo porque lles encanta aos pequenos/as.

https://www.youtube.com/watch?v=Z5Dc0oAxIls

 

Daniela pirata. Coa historia de Daniela, traballamos a igualdade entre homes e mulleres, tan importante logo de conmemorar o 8 de marzo.

https://www.youtube.com/watch?v=iMJVWcLJcTs&t=138s

 

¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? Co argumento deste conto, seguimos traballando a igualdade, eliminando actos discriminatorios como a cor a usar segundo o xénero, actividades estereotipadas,…

https://www.youtube.com/watch?v=e-dPVYwrHyk

 

A vaca que puxo un ovo. Con este conto, podemos traballar tamén o tipo de reprodución dos animais: ovíparos e vivíparos.

https://www.youtube.com/watch?v=qhVefk9RKps

 

Outros contos que son moi interesantes de ler son:

Once damas atrevidas

Que llega el lobo!

A montaña de libros máis alta do mundo

La cosa que más duele en el mundo

A noite das mudanzas

Rosa Caramelo

 

Espero que vos gusten!

Un saúdo!

 

Actividades para Educación Infantil: 4 e 5 anos

Bos días, 

Neste documento que se adxunta, aparecen as actividades a realizar durante a corentena todas as xuntas para facilitarvos a súa visualización. Ademais destas, a mestra de inglés recórdavos que vexades as cancións que se traballan na aula para practicar inglés.

 

Mencionarvos tamén a importancia de establecer unha rutina diaria. Un exemplo de organización de rutinas é:

9.00 Levantámonos

10.00 Traballo da escola

11.30 Merendamos (froita)

12.00 Limpeza

13.00 Comida

14.00 Descanso

15.00 Manualidade

16.00 Actividade física

17.00 Merenda

18.00 Xogo libre

19.00 Recoller /cociñar

20.00 Baño

21.00 Cea e a durmir

 

Finalmente e, como actividades relaxantes moi importantes nestes días, están as de ioga, as cales facemos todos os días na aula. Para poder velas, buscades en YouTube YOGIC e xa aparecen varios vídeos. Algúns deles son:

https://www.youtube.com/watch?v=MI1S5rM0ou0

https://www.youtube.com/watch?v=sIbdc-lNXjU

https://www.youtube.com/watch?v=LmzfT6Gv4fo

Distribuir contido


by Dr. Radut