O mércores 24 de abril, celebraremos o Día do Libro, coa actividade “Ler na rúa”. Como en cursos pasados, convidámolos a asistir e participar cunha pequena lectura.
A partir das 10:40 da mañá o alumnado acudirá aos espazos seguintes:
-
Educación infantil: Parque de San Gregorio.
-
Primeiro e Segundo de Primaria: Praza de Galicia (Miramar).
-
Terceiro e Cuarto de Primaria: Hórreo de Carnota .
-
Quinto e Sexto de Primaria: Adro da Igrexa.
Colabora con nós o Concello de Carnota e poderán acercarse a súa biblioteca para escoller un libro e participar na lectura.
Agardamos a súa participación.
Un saúdo. O Equipo da Biblioteca
Nota: Se a climatoloxía non é favorable , adiarase a actividade ao primeiro día lectivo que o tempo o permita.