Skip to Content

Cursos e grupos, Ed. Infantil, 1º A, 2º , 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso A, Libros de texto, EI 3 anos, EI 4 anos, EI 5 anos, Programacións, EI , Sexto B

HORARIO 6º A

 

                                         LUNS        MARTES       MÉRCORES       XOVES       VENRES

9:45 a 10:35

INGLÉS

INGLÉS

INGLÉS

C.NATURAIS

MATEMÁTICAS

10:35 a 11:25

RELI/VAL

EF

MATEMÁTICAS

C.NATURAIS

MATEMÁTICAS

11:25 a 12:15

MATEMÁTICAS

C. SOCIAIS

MATEMÁTICAS

LENGUA C.

LINGUA G.

12:15 a 12:40

ASEO - LECTURA

12.40 a 13:05

RECREO

13:05 a 13:55

LENGUA C.

PLÁSTICA

LINGUA G.

C. SOCIAIS

EF

13:55 a 14:45

LENGUA C.

C. SOCIAIS

LINGUA G.

MÚSICA

TALLER

 

 

 

 

TAREFAS LUNS 21 de SETEMBRO

Aquí deixo as tarefas de hoxe para aquel@s que non pudestedes asistir! Agardo que vos poñades ben prontiño!Risa

 

LINGUA GALEGA

1º- Le a lectura das páxinas 10 e 11 dúas veces, asegurándote de que comprendestes de que vai a lectura.

2º- Le e contesta mentalmente (ou de xeito oral con alguen da casa) ás preguntas 1,2, 3 e 4 da páxina 12.

3º- Contesta no caderno ás preguntas dos exercicios 5, 6, 7 e 8 da páxina 12.

       *Recorda: escribe o nº da pregunta con vermello, o enunciado con azul e a resposta con lapis.

CIENCIAS SOCIAIS

Fai a tua propia liña do tempo!

COMO?:

Podedes imprimir a ficha que adxunta pinchando aquí ou facer algo similar no caderno de Ciencias Sociais (así será mais vosa aínda Guiño). Logo...

1º- Escolle 4 feitos importantes da túa vida e pensa en que data ocorreron (ano OU mes e ano)

2º - Recolle no cadro de debaixo da liña cada feito e as datas na que ocorreron (exemplo: Feito - Nace o meu irmán / Data - 2016)

3º - Sitúa na liña os catro feitos importantes que escollestes facendo unha marca e escribindo o nº de feito que sexa (1, 2, 3 ou 4).

4º - Pinta a túa liña do tempo: Pinta no cadro cada feito dunha cor e a marca da liña da mesma cor.

 

Isto é todo por hoxe, raparig@s!

Esperamos que vos recuperedes prontiño! Xa temos ganas de vervos!

PROGRAMACIÓN DE TRABALLO PARA A SEMANA DO 9 AO 11 DE DECEMBRO

 IMPORTANTE: Mirade cada día as actividades previstas para o día seguinte á hora de preparar a mochila. Nesta semana imos utilizar o libro do terceiro trimestre de Matemáticas e tremos que traer compás e regra.

Tamén imos traballar Ciencias Sociais o mérdores e o xoves

 

MÉRCORES

XOVES 

VENRES

LINGUA CASTELA. 

. Repasamos os conceptos lexema, morfema e desinencia e facemos os exercicios 2 e 3 da páxina 61

. A decrición. Logo de ler as descricións das páxinas 62 e 63 e ter claro o concepto de descrición obxectiva e subxectiva, realaizaremos un retrato dun compañeiro ou compañeira (o que nos toque) Facémolo nun folio e o ilustramos cun debuxo. É moi importante non dicir quen nos tocou.

LINGUA GALEGA

. Correximos os exercicios pendentes.

. O debate. Logo de ler a teoría sobre o debate da páxina 61 elexiremos entre todos/as un tema a debatir e marcaremos as normas. Prepararemos argumentos individualmente. Unha vez elexido o moderador/moderadora pasaremos a realizar a actividade. Os temas poden ser algún dos propostos no manual ou outro que nos pareza interesante, por exemplo se debemos xogar todos e todas xuntos no recreo ou non.

LINGUA GALEGA 

. Vocabulario relacionada co comercio. Páxina 62, exercicio 1. 

. Repasamos o que xa sabemos sobre as familias de palabras e facemos os exercicios 1, 2 e 3 da páxina 63.

EDUCACIÓN FÍSICA

INGLÉS

EDUCACIÓN FÍSICA

MATEMÁTICAS

. Correximos os exercicios da páxina 203

. Correximos as fichas de repaso fotocopiadas.

. Correximos os problemas da páxina 199 (quen non os teña feitos responde oralmente)

MÚSICA

MATEMÁTICAS

. Control tema 11

(Recordade que precisamos regra, compás e transportador de ángulos)

CIENCIAS SOCIAIS

. Correximos os exercicios pendentes.

. Veremos na pantalla os vídeos das páxinas 145 e 146 da aula  aula virtual para repasar o traballado.

. Lectura e explicación da decadencia do imperio español, páxinas 148 e 149 do libro de texto.

CIENCIAS SOCIAIS

. Exercicios 1. 2 e 3 da páxina 149.

. Repasamos o tema realizando un esquema da parte do tema traballada ata o momento.

No control do luns entrarán da páxina 142 á páxina 149.

LINGUA CASTELÁ

. Biblioteca.

. Devolución e préstamo.

. Comprensión de texto.

. Lemos os autorretratos realizados o luns. Non dicimos a quen estamos retratando, a ver se os compañeiros e compañeiras son quen de adiviñalo.

. O adxectivo. Recordamos os tipos de palabras que coñecemos e tratamos de definir coas nosas palabras o que é un adxectivo. Logo, unha vez lido o recadro da páxina 64, facemos os exercicios 1, 2, 3 e 4 da mesma páxina.

PLÁSTICA

MATEMÁTICAS

. Actividad competencial: “La tienda del museo” (páx 196-197)

 

Preme para ver os vídeos:

EDUTECA. A ENERXÍA

CONSTRUCCIÓN DUNHA CENTRAL HIDROELÉCTRICA

BISECTRIZ DUN ÁNGULO  

MEDIATRIZ DUN SEGMENTO

 

Horarios

HORARIOS CURSO 2022-2023 (EN ELABORACIÓN)

4º E. INFANTIL 5º E. INFANTIL
6º E. INFANTIL  
1º E. PRIMARIA 2º E. PRIMARIA
3º E. PRIMARIA 4º E. PRIMARIA
5º E. PRIMARIA  6º E. PRIMARIA
Educación Física Inglés
Música

Relixión/Valores/

Proxecto comp.

Plástica  

 Proposta de Horarios pendente de aprobación por Inspección Educativa

SOCIAIS: LIÑA DO TEMPO

Imos comezar a estudar Sociais pola parte da historia

Observade   esta  "liña do tempo" coas etapas da historia.

 

HORARIO CURSO 2020- 2021

Ola chicos e chicas!

Este curso  xa non temos o blog do ano pasado. Agora imos utilizar a páxina web do cole para ir pondo cousiñas e máis adiante cando aprendamos , tamén usaremos  a aula virtual.

Vouvos por o horario porque este ano, máis que nunca, é importante que cada día levedes ao cole os libros e o material que necesitedes, a non poder compartir nada cos compañeiros e compañeiras.

Todos e todas debemos cumprir as normas do protocolo Covid para  ver se así evitamos un confinamento.

Ánimo e sorte!

 

 

 

DIVIDIMOS ENTRE DÚAS E ENTRE TRES CIFRAS

Espero que vos sirvan de axuda . Ánimo, todo é cuestión de práctica!


HORARIO 5º E.P. CURSO 2020-2021

 

Este curso temos que prestar especial atención ao horario. Xa sabedes que en previsión de posibles confinamentos temos que ter todo o material na casa, e só traeremos ao colexio o que precisemos cada día: libros, libretas, estoxo, ...

Recordade tamén que as normas para controlar a Covid impiden que podamos compartir material ou libros. Así que tedes que traer cada día todo o  que vaiades precisar. Eu estou segura que uns alumnos e alumnas tan competentes e responsables coma vós non han ter problema en preparar cada tarde a mochila con todo o necesario para o día seguinte. A que non?  Ánimo, valentes, que a vós non hai desafío que se vos reista! Guiño

 

BENVIDAS FAMILIAS!

Esta primeira entrada do curso académico 2020/2021 ten como finalidade darvos a benvida a todos e a todas! Seguramente este ano sexa un pouco estraño e con confusións nalgún momento, pero intentarei facelo o mellor posible. Ademais, os pequenos/as seguro que se adaptan mellor ca nós, como o están a demostrar estes primeiros días!

A continuación, preséntovos o horario de aula, o cal é o seguinte:

Finalmente, comentarvos que aínda que vos dei en papel o protocolo COVID-19 adaptado a nosa aula, así como algunhas pautas para o transcorrer do curso, adxúntovolo tamén nesta entrada.

 

UN SAÚDO ENORME! 

HORARIO 3ºEP

Lembrade que todas as tarde debedes preparar a mochila cos materiais do día seguinte! Recordade...libro e libreta das materias que toquen.

Por se algún día tedes dúbidas déixovos recollido o que necesitamos neste primeiro trimestre:

MATEMÁTICAS: libreta de cadros e libro 3.3

LINGUA: libreta de raias e libro do primeiro trimestre

LENGUA: libreta de raias e libro do primeiro trimestre

CIENCIAS SOCIAIS e CIENCIAS DA NATUREZA: libreta de cadros e libro

 

 

MATERIAL E HORARIO PARA 6º B - Curso 2020 /2021

Déixovos aquí o horario (aínda pode sufrir algunha modificación) e a lista de material para este curso.

 

Lista de material:

  • PLÁSTICA: lápis, goma,cores (de cera ou de lápis), caderno de debuxo (aproveitamos o do curso pasado), tesoiras e pegamento.
  • MÚSICA:lápis, goma,cores (de cera ou de lápis), tesoiras e pegamento, libreta pentagramada grande (tamaño A4), carpeta de cartón/plástico (tamaño A4), frauta escolar. (A libreta , a frauta e a carpeta valen as do curso pasado)
  • INGLÉS: bolígrafo, lápis, goma,cores (de cera ou de lápis), tesoiras e pegamento, carpeta e libreta (valen as do curso pasado).
  • RELIXIÓN: carpeta e libreta (valen as do curso pasado).
  • TITORÍA: bolígrafo azul e vermello, lápis, goma,cores (de cera ou de lápis), tesoiras e pegamento, arquivador (o do curso pasado), fundas plásticas taladradas, recambio de follas para o arquivador (se xa estaban agotadas), paquete de 500 follas tamaño A4 marca NAVIGATOR  (non é necesario que merquedes un cada un. Podedes mercar un paquete entre dúas ous tres persoas). Non imos usar libretas.

Como vedes usaremos O QUE TEMOS DO ANO PASADO, e cando necesitemos algo novo, pois xa o mercaremos. Xa vedes que o material de uso diario (boli,lápis,goma,cores, tesoira, pegamento.... é común para todas as materias)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut