Skip to Content

ESTE ANO CELEBRAMOS... DOUS DÍAS DAS LETRAS GALEGAS!

O Día das Letras Galegas foi instituído pola Real Academia Galega no ano 1963, ao cumprirse o centenario da publicación de «Cantares Gallegos», de Rosalía de Castro. Esta obra dedicoulla Rosalía ao escritor Fernán Caballero, un 17 de maio de 1863, e precisamente ese día foi o escollido pola Real Academia para homenaxear anualmente a un escritor ou escritora pola súa obra no noso idioma, o galego.

Este ano, e por mor da pandemia do covid-19, non foi posible celebrar normalmente o Día das Letras o 17 de maio, así que a Real Academia acordou celebrar esta homenaxe o día 31 de outubro. Así que este ano... Día das Letras por partida dobre!

Este ano homenaxeamos a Ricardo Carvalho Calero, profesor, escritor e, sobre todo, amante do idioma galego. Coma nós. Queres saber algo máis da vida e da obra de Ricardo Carvalho?

Só tes que clicar nas ligazóns que aparecen a continuación e poderás atopar textos, biografía, xogos interactivos, exposición, actividades en papel... Clicamos? 

PIRATAS DO BENCHO

ACTIVIDADES SEMINARIO GALÁN

PRIMAVERA DAS LETRAS 2020

VIDA E OBRA DE RICARDO CARVALHO CALERO

 



book | by Dr. Radut