RUTINA SAUDABLE
Aínda que estemos en cuarentena debemos levar unha rutina hixiénica.
Aquí veredes uns pasos hixiénicos imprescindibles para esta cuarentena:
-
Lavar as mans frecuentemente, isto é moi importante xa que hai un virus tan perigoso.
-
Lavar os dentes tres veces ao día para manter unha boa hixiene.
-
Tomar moitas verduras e cinco pezas de froita ao día para ser uns bós carnosáns.
-
Facer moito deporte, mínimo media hora ao día, a poder ser ao aire libre, podemos xogar ao fútbol, correr, etc, pero sempre antes disto estirar un pouco.
-
Tomar un pouco o sol, xa que aporta enerxía e o corpo produce vitamina D cando se expón á luz do sol.
-
Durmir entre oito e dez horas para estar preparados para un longo día.
-
Para entreternos un pouco, estar actualizados e adquirir máis coñecementos leemos algún libro, revista, reportaxe...
-
E por último manter unha atitude positiva, polo tanto a sorrir.