Actividades para Educación Infantil: 4 e 5 anos
Bos días,
Neste documento que se adxunta, aparecen as actividades a realizar durante a corentena todas as xuntas para facilitarvos a súa visualización. Ademais destas, a mestra de inglés recórdavos que vexades as cancións que se traballan na aula para practicar inglés.
Mencionarvos tamén a importancia de establecer unha rutina diaria. Un exemplo de organización de rutinas é:
9.00 Levantámonos
10.00 Traballo da escola
11.30 Merendamos (froita)
12.00 Limpeza
13.00 Comida
14.00 Descanso
15.00 Manualidade
16.00 Actividade física
17.00 Merenda
18.00 Xogo libre
19.00 Recoller /cociñar
20.00 Baño
21.00 Cea e a durmir
Finalmente e, como actividades relaxantes moi importantes nestes días, están as de ioga, as cales facemos todos os días na aula. Para poder velas, buscades en YouTube YOGIC e xa aparecen varios vídeos. Algúns deles son:
https://www.youtube.com/watch?v=MI1S5rM0ou0
https://www.youtube.com/watch?v=sIbdc-lNXjU
https://www.youtube.com/watch?v=LmzfT6Gv4fo
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Tarefas a realizar durante a corentena.pdf | 64.8 KB |