Quieto parado
As normas e a seguridade, normas de seguridade
Normas...?
Que sería de nós sen normas?, imaxina que non existise o código de circulación que son as normas que regulan a circulación de vehículos polas estradas...
...moitas normas?
Poida que teñamos normas de máis, normas para conducir, normas no colexio, normas para cando vás á praia, normas cando viaxas en tren ou avión, normas e máis normas...
![]() |
![]() |
![]() |
E onde vai a nosa liberdade?
e, para que as normas?...
Imaxina que queres facer o que che peta. Estaria guai.
Sería moi divertido...
Non as necesitamos
Pero si o que está ao teu lado decide facer tamén o que lle peta e iso consiste en quitarche as túas cousas, iso estaría guai?, non?, e logo?.
A claro, así facer o que che peta so mola si o fas ti, pero que cho fagan a ti non mola.
Pois para iso hai normas.
...ou si?
Somos moitos e para que poidamos vivir xuntos necesitamos normas para como comportarnos, para circular polas rúas ou polas estradas en coche, para ir ver unha peli ao cinema. Normas, e aínda por riba, alguén vai ter que facer de garda para que os demais e tamén nós cumplamos as normas.
![]() |
![]() |
![]() |
Vaia lío. Pero temos que recoñecer, que habendo normas nos sentimos máis seguros.
Cumpramos as normas...
Respectando as normas respectámonos entre nós.
Respectaranche os teus dereitos, a ti, aos que ti queres e tamén ao que é teu.
Si todos cumprimos as normas estaremos mellor e máis seguros.
Unha norma que vale para case todo...
Non lle fagas aos demais o que non che gustaría que che fixeran a ti.
Empezamos a traballar as normas?...