Skip to Content

CONCURSO DE CALIGRAMAS DÍA DE ROSALÍA

 

 

QUERIDOS ALUMNOS/AS!!

 

O MES DE FEBREIRO É O MES DA NOSA QUERIDA ESCRITORA ROSALÍA

 

DE CASTRO. POR ISO, PROPOÑEMOS UN CONCURSO DE CALIGRAMAS

 

QUE TERÁ COMO DATA LÍMITE O DÍA 20 DE FEBREIRO.

 

As actividades propostas para realizar son as seguintes:

 

ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL:

Realizará un debuxo con forma de caligrama sinxelo a partir dun poema de Rosalía

(pode ser debuxo libre ou sobre proposta dos exemplos de fotografía que se lles facilitarán na

aula). Cada titoría decide os poemas que se poden traballar. 

 

ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 

Realizará un caligrama en fotografía a partir dun poema de Rosalía de Castro. (pode ser debuxo

libre ou sobre proposta dos exemplos de fotografía que se lles facilitarán na aula. Porén, terase

moi en conta a orixinalidade e a corrección e uso adecuado da lingua). 

Cada titoría decide os poemas que se poden traballar.

 

 

LEMBRÁDEO BEN!

 

TERASE EN CONTA A ORIXINALIDADE NOS DEBUXOS

 

E NO TRABALLO NA FOTOGRAFÍA, DEBUXO LIBRE DE

 

AUTORÍA PROPIA, 

 

ESCOLLA DO POEMA E FALTAS DE ORTOGRAFÍA,

 

PALABRAS CONTAXIADAS DO CASTELÁN (CASTELANISMOS).

 

 

EMPREGADE O DICIONARIO!

 

IMPORTANTE:

 

DEBEDES ENTREGAR OS TRABALLOS NAS CAIXAS DESIGNADAS

 

NO CORREDOR. 

 

 



blog | by Dr. Radut