Skip to Content

E tí como dis SERONDA

Pois oara aqueles que xa o sabedes ... Seronda é outono nalgunha das variantes do bable. Esta palabra foi a primeira que se publicou no corredor! Lembrade mirar sempre alí, ao lado da sala de profes. Houbo moita participación mesmo se esta palabra era de proba! Sodes vós os nenos e nenas os que debedes estar pendientes de se cambiou a palabra! A partir de agora non hai probas TODAS contan. De calquera xeito, os que participastes con SERONDA xa sabedes unha palabra máis. Seguro que hai algunha sorpresa nalgún momento con esa palabra... Ide pensando ideas!

 

Os que non participastes... podedes facelo achegando unha frase que conteña esa palabra na comunidade da que procede e a bandeira co nome da comunidade e o voso!!

Se o preferides, podedes participar metendo no buzón como se di noutra variante do bable. A bandeira e a comunidade son tamen obrigatorias e Non esquzadws o voso nome. 

Aos que xa participastes! Noraboa! Non tedes que volver facer nada coa palabra Seronda. Ainda que vos recomendamos que investiguedes esas outras maneiras de dicilo en bable por curiosidade e para aprender máis 

 Lembrade mirara sempre no corredor! 

Unha frase de exemplo:

Sería yá pel atunu, cuando a seronda

Tedes ata o 28 de novembro para participar en SERONDA frase ou variante

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut