Solicitudes provisionais de admitidos para o curso escolar 2021-2022 sticky icon

 

CEIP P. CARDEAL QUIROGA PALACIOS.
Solicitudes Totais Curso 2021-2022
  NIVEL PRAZAS OFERTADAS VACANTES TOTAL DE
SOLICITUDES
RENUNCIAS Fora de prazo Non Admitidas Vacantes pendentes LISTA PROVISIONAL
  4º Educación Infantil 50 50 49 0     1 Admitidos PROVISIONALMENTE
  5º Educación Infantil 75 5 2 0     3 Admitidos PROVISIONALMENTE
  6º Educación Infantil 50 3 2 0     1 Admitidos PROVISIONALMENTE
  1º Educación Primaria 75 10 2 0     8 Admitidos PROVISIONALMENTE
  2º Educación Primaria 50 5 0 0     5 Admitidos PROVISIONALMENTE
  3º Educación Primaria 50 0 0 0     0  
  4º Educación Primaria 50 0 3 0     -3 Provisionalmente, Excluida por no existir vacante
  5º Educación Primaria 50 0 0 0     0  
  6º Educación Primaria 50 0 0 0     0  
      73 58 0 0 0 15  
                   
                   
  * Pendentes de actualizar outras canles.





   

RESOLUCIÓN DO RESULTADO SORTEO ANUAL LETRAS ADMISIÓN CURSO 2021_2022 sticky icon

Resolución De 25 De Febreiro De 2021, Da Dirección Xeral De Centros E Recursos Humanos, Pola Que Se Fai Público O Resultado Do Sorteo Ao Que Fai Referencia O Artigo 29 Da Orde Do 12 De Marzo De 2013.

 

 Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2021/2022, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "W" e "S"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "B" e "F".

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA NOVO ALUMNADO CURSO 2021/2022 sticky icon

 Prazo de Admisión:

Será do 1 ao 22 de marzo, ambos os dous inclusive.

 

Presentación de solicitudes:

 

A solicitude do posto escolar será única e se presentará no centro no que o solicitante pretende ser admitido.

  • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

    • A través da aplicación Admisionalumno (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
    • Seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”.
    • Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións.
    • Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
  • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:

    • Deberá acceder con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital,

    • IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

    • Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

  • Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

 

Documentación a presentar coa solicitude:

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.

  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa. (Certificado de matricula)

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 

NOTA: Cando a DEMANDA de prazas escolares sexa superior á oferta.

Logo de determinar que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 día hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes de admisión, para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterios de baremo sinalados na solicitude de admisión.

A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio/s para efectos de determinar a puntuación correspondente.

A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio/s afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.

 

 

NOVAS SOBRE A RESERVA DA 1º ESO NO IES EDUARDO PONDAL. sticky icon

Estimadas familias:

Segundo as novas recibidas  no día de hoxe , todo o alumnado de 6º Primaria que presentou a solicitude de reserva para cursar 1º ESO no vindeiro curso 2021-2022 foi admitido no IES Eduardo Pondal

 Para calquera aclaración ou dúbida rogamos se dirixan ao IES Eduardo Pondal.

 Un saúdo

 A Dirección

INFORMACIÓN DO CENTRO PARA O PRÓXIMO CURSO ESCOLAR 2021-2022 sticky icon

PRAZO DE INSCRIPCIÓN

 Dende o 1 de marzo ata 22 de marzo, ambos inclusive.

 HORARIO DO CENTRO.

  • Horario de Entrada: 9:15h, a entrada estará condicionada a evolución do COVID 19.
  • Horario de Saída:14:15 h, a saída estará condicionada a evolución do COVID 19.

 SERVICIO COMEDOR Y MADRUGADORES.

  •  Horarios do servizo

Madrugadores --> 7:30 h- 9:00 h

Comedor --> 14:15 h – 16:30 h

  •  Para máis información:

Departamento Educación

Edificio CERSIA Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, s/n – San Lázaro

Tfnos.: 981 554 400/401 Fax: 981 571 511

dptoeducacion@santiagodecompostela.gal

www.santiagodecompostela.gal

 ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

 Páxina web: https://sites.google.com/site/anpaathenea/home

 E-mail: anpa.athenea@gmail.com,

SERVIZO DE BUS ESCOLAR

A planificación quedará condicionada ás instrucións dos organismos competentes.

Compre lembrar que, segundo a normativa vixente:

  • Será usuario lexítimo do transporte escolar gratuíto o alumnado cuxo domicilio se atope fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2km.

  • O alumnado que , segundo a normativa non se atope na situación anterior, poderá solicitalo quedando supeditada a súa autorización á normativa que se puidese ditar por parte dos organismos correspondentes de Educación, Mobilidade e Sanidade.

 

Poderán ser autorizados en precario e con carácter revogable se hai prazas dispoñibles para o uso de paradas xa existentes.

 

OFERTA DE PRAZAS PARA O CURSO 2022-2023 sticky icon

 

Curso

Num. prazas ofertadas

Num. Prazas Apoio Educativo

Vacantes

4º Inf.

50

6

50

5º Inf.

50

0

1

6º Inf.

75

0

6

1º Pri.

50

6

0

2º Pri.

75

0

14

3º Pri.

50

0

2

4º Pri.

50

0

0

5º Pri.

50

0

0

6º Pri.

50

0

0

PROBLEMAS TÉCNICOS COA LIÑA DE TELÉFONO DO CENTRO sticky icon

Estamos a ter problemas técnicos coa liña de teléfono do centro e non nos chegan todas as chamadas. Para calquera consulta poñemos a disposición estes medios de contacto:

  •  teléfono móbil: 679.519.493

 Disculpen as molestias

 A Dirección

 

RESERVA DE PRAZO PARA CURSAR 1º ESO NO IES EDUARDO PONDAL sticky icon

Prazo de presentación de solicitudes: 11 de xaneiro ata 8 de febreiro

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

     

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

     

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.