You are herePROCESO DE ADMISIÓN PARA NOVO ALUMNADO CURSO 2021/2022
PROCESO DE ADMISIÓN PARA NOVO ALUMNADO CURSO 2021/2022
Prazo de Admisión:
Será do 1 ao 22 de marzo, ambos os dous inclusive.
Presentación de solicitudes:
A solicitude do posto escolar será única e se presentará no centro no que o solicitante pretende ser admitido.
-
Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
- A través da aplicación Admisionalumno (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
- Seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”.
- Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións.
- Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
-
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
-
A través da Sede Electrónica (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B&ano=2018&numpub=1&lang=es)
-
Deberá acceder con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital,
-
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).
-
Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
-
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
Documentación a presentar coa solicitude:
-
Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
-
Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
-
Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa. (Certificado de matricula)
-
Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
NOTA: Cando a DEMANDA de prazas escolares sexa superior á oferta.
Logo de determinar que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 día hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes de admisión, para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterios de baremo sinalados na solicitude de admisión.
A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio/s para efectos de determinar a puntuación correspondente.
A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio/s afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Información Descripción Perimetral_0.pdf | 86.12 KB |
Solicitude Admisión 2021_22.pdf | 688.05 KB |